domingo, 1 de diciembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Para conmemorar este día contamos o conto “Arturo e Clementina” que conta a historia de dúas tartarugas que casan. Clementina quería coñecer mundo pero Arturo so quería ter unha vida tranquila, na que el ía traballar e ela quedaba na casa realizando as tarefas. Cando Clemetina lle dicía que quería facer algo como pintar ou tocar un instrumento, Arturo regaláballe un cadro ou un tocadiscos pero non lle deixaba facer nada, desprestixiándoa todo o tempo. Ata que un día, Clementina decide marchar da casa e emprender un novo camiño.
É un conto que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e combate a discriminación. É moi importante inculcarlle aos nen@s desde pequen@s valores como a igualdade, o respeto e a tolerancia.
Despois de ler o conto e falar acerca da postura de Clementina e de Arturo, fixemos entre todos un mural contra a violencia de xénero e imaxinamos un final para a tartaruga Clementina que plasmamos nun debuxo. Ademais cada un fixo unha marioneta da tartaruga que levaron para a casa.




























No hay comentarios:

Publicar un comentario