martes, 22 de octubre de 2019

¡VERBATECA: UNHA AVENTURA PIRATA!

Está mañá cando chegamos ó cole tivemos unha sorpresa moi especial xa que nos estaba agardando a pirata Malapata ¡Que emoción! Contounos que ela tiña un barco en Vigo cheo de cofres con tesouros, pero nos seus cofres non gardaba o que nos imaxinabamos, gardaba palabras galegas, un tesouro moi prezado para nos. Para conseguir os nosos propios cofres con tesouros tiñamos que pasar unhas probas moi difíciles, nas que tiñamos que adiviñar palabras en galego de animais, cores, partes do corpo e mesmo contos a través de diferentes xogos. Pouco a pouco fomos pasando as probas con éxito ata que conseguimos o noso propio cofre. ¡Agora temos que seguir gardando novos tesouros nos nosos cofres!















No hay comentarios:

Publicar un comentario